miércoles, 14 de mayo de 2025

  Blog do Equipo de Normalización de Galego

do C.E.I.P. Plurilingüe do Corgo.

As cantareiras son as mulleres que interpretan cantigas da nosa música tradicional ou popular.

Estas cantigas interprétanas nos festexos tradicionais, foliadas, seráns, ruadas, polavilas... ao remate dalgún labor agrícola colectivo: esfolladas, fiadas... ou mesmo nas festas familiares ou veciñais. Normalmente nestas celebracións había música e baile.

Ás veces aparecía algún gaiteiro ou acordeonista, pero normalmente estas cantareiras usaban a súa voz e instrumentos de percusión como as pandeiretas, os pandeiros e tamén ferriños, cunchas, latas grandes de pemento, sellas, tixolas... case calquera cousa que producise son.

Nas festas, as cantareiras e pandeireteiras normalmente actuaban en grupos, botando as cantigas por quendas, de tal xeito que todas, nalgún momento, puidesen participar no baile.

As festas nas que interviñan as cantareiras adoitaban ter a mesma estrutura: primeiro botaban os bailes soltos, con xotas e muiñeiras e despois os agarrados, con pasodobres, mazurcas...

A continuación tedes un vídeo moi interesante que nos explica máis cousas sobre estas mulleres tan importantes para a difusión da nosa cultura e que forman parte da nosa esencia.


 
E agora un par de actividades coas que pasar un bo rato e aprender sobre as cantareiras nesta festividade do Día das Letras Galegas 2025:
 
Unha actividade para educación infantil: https://view.genially.com/673dfeb13027208ae73e12e4
E outra para educación primaria: https://view.genially.com/67b76e0b1f434587f68a5703
 
 

 

  Blog do Equipo de Normalización de Galego do C.E.I.P. Plurilingüe do Corgo. As cantareiras son as mulleres que interpretan cantigas da nos...