miércoles, 14 de mayo de 2025

  Blog do Equipo de Normalización de Galego

do C.E.I.P. Plurilingüe do Corgo.

As cantareiras son as mulleres que interpretan cantigas da nosa música tradicional ou popular.

Estas cantigas interprétanas nos festexos tradicionais, foliadas, seráns, ruadas, polavilas... ao remate dalgún labor agrícola colectivo: esfolladas, fiadas... ou mesmo nas festas familiares ou veciñais. Normalmente nestas celebracións había música e baile.

Ás veces aparecía algún gaiteiro ou acordeonista, pero normalmente estas cantareiras usaban a súa voz e instrumentos de percusión como as pandeiretas, os pandeiros e tamén ferriños, cunchas, latas grandes de pemento, sellas, tixolas... case calquera cousa que producise son.

Nas festas, as cantareiras e pandeireteiras normalmente actuaban en grupos, botando as cantigas por quendas, de tal xeito que todas, nalgún momento, puidesen participar no baile.

As festas nas que interviñan as cantareiras adoitaban ter a mesma estrutura: primeiro botaban os bailes soltos, con xotas e muiñeiras e despois os agarrados, con pasodobres, mazurcas...

A continuación tedes un vídeo moi interesante que nos explica máis cousas sobre estas mulleres tan importantes para a difusión da nosa cultura e que forman parte da nosa esencia.


 
E agora un par de actividades coas que pasar un bo rato e aprender sobre as cantareiras nesta festividade do Día das Letras Galegas 2025:
 
Unha actividade para educación infantil: https://view.genially.com/673dfeb13027208ae73e12e4
E outra para educación primaria: https://view.genially.com/67b76e0b1f434587f68a5703
 
 

 

lunes, 27 de noviembre de 2023

Basic Vocabulary for Arts & Crafts classes.

A continuación tenéis un vídeo con el que repasaremos el vocabulario en inglés utilizado frecuentemente en las clases de Arts & Crafts (Plástica) en Inglés.

Espero que os sea útil y os ayude a conocer mejor el vocabulario de esta asignatura.

Un saludo y espero que aprendáis mucho...

martes, 16 de mayo de 2023

 Blog do Equipo de Normalización de Galego

do C.E.I.P. Plurilingüe do Corgo.

  

Coñecendo a Francisco Fernández del Riego.

Día das Letras Galegas 2023. Homenaxe a Francisco Fernández del Riego

2023 – Día das Letras Galegas

Neste ano 2023 a RAG (Real Academia Galega) homenaxea ao intelectual Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, Lugo, 1913 – Vigo, Pontevedra, 2010).

Escritor, ensaísta, intelectual e político, tamén lembrado como fundador da Editorial Galaxia e presidente da Real Academia Galega entre os anos 1997 e 2001.

Francisco Fernández del Riego pertenceu á xeración de intelectuais xurdidos ao redor do grupo Nós. Entre os seus libros destacan ensaios como «Historia da literatura galega», «Galicia no espello» ou «A xeración Galaxia».

No vídeo que temos a continuación afondamos un pouco no coñecemento deste persoaxe tan importante na defensa da Lingua Galega.

 


martes, 31 de mayo de 2022

Nós tamén creamos !: Vídeo stop-motion en galego.

 Blog do Equipo de Normalización de Galego

do C.E.I.P. Plurilingüe do Corgo.

 

 Nós tamén creamos! (curso 2021/22).

Dende o Equipo de Normalización Lingüística propuxemos ó comezo de curso a participación no programa Nós tamén creamos ! elaborando unha curtametraxe de animación en galego coa técnica stop motion  cunha duración máxima de 5 minutos que se levou a cabo coa particpación do alumnado de 4º curso de primaria e a axuda da súa titora, Alba e de Manuel, o coordinador de equipo de normalización.

O resultado foi o seguinte vídeo, no que os alumnos elaboraron tanto os muñecos que nel aparecen como os escenarios para producir este pequeno vídeo sobre o libro O camiño, no que particpamos nun concurso sobre esta técnica audiovisual onde concursan centros de toda Galicia.


 

lunes, 24 de enero de 2022

 Blog do Equipo de Normalización de Galego

do C.E.I.P. Plurilingüe do Corgo.

Luns, 24 de Xaneiro de 2022.

Hola a tod@s !... 

O vindeiro luns día 31 celebraremos o día da Paz e da non violencia no colexio.

Para festexalo ese día cantaremos todos os alumnos do colexio unha canción no patio do colexio (se o tempo acompaña) ou dentro do pabellón cuberto (se chovera).

A canción é a seguinte:

https://www.youtube.com/watch?v=ClFpX8vyAvQ

Anímámosvos a todos a preparar a canción cos vosos alumn@s, fill@s...

Aínda que no vídeo aparece a letra, por se a precisades, póñémola a 

continuación. 

Viva a xente.

Esta mañá de paseo

boa xente atopéi

o carteiro, o leiteiro, o policía saudéi.

detrás de cada ventá

e porta recoñecín

a moita xente

que antes

nin sequera eu vin.

 

Viva a xente,

haina onde queira que vas

Viva a xente,

é o que nos gusta máis,

 

con máis xente a favor de xente

en cada pobo e nación

habería menos xente dificil

e máis xente con corazón.

            (Repetir este estribillo 3 veces)

 

 


  Blog do Equipo de Normalización de Galego do C.E.I.P. Plurilingüe do Corgo. As cantareiras son as mulleres que interpretan cantigas da nos...